
O Clúster do Libro celebrará o xoves día 22 uns Seminarios de Interncionalización para as empresas asociadas á entidade, actividade que forma parte dun Plan de Internacionalización que se está a elaborar para o sector do libro galego.
O Clúster Libro celebrará este xoves 22 de setembro uns Seminarios de Intenacionazación enfocados aos socios que compoñen a entidade. Esta xornada, que terá lugar na Biblioteca de Galicia a partires das 10.00 horas, conta de dous seminarios. O primeiro deles céntrase especialmente nas estratexias de internacionalización e na selección dos mercados, mentres que o segundo, que dará comezo ás 16.00 horas, profundiza máis nos métodos de acceso a eses mercados exteriores e nos plans de actuación para cada canle ou mercado. Trataranse, polo tanto, temas de especial importancia á hora de mirar aos mercados exteriores. Os poñentes das conferencias serán Manuel Egea, Carmen Costas e Fernando Picón, todos eles con ampla experiencia en formación sobre internacionalización e promotores homologados do Programa PIPE. Estes seminarios conforman unha parte necesaria para a elaboración do Plan de Internacionalización para as empresas desta entidade e que se está a realizar coa axuda do IGAPE.
SEMINARIO 1 (10.00-14.00)
A ESTRATEXIA DE INTERNACIONALIZACIÓN E A SELECCIÓN DE MERCADOS
SEMINARIO 2 (16.00-19.00)
ESTRATEXIAS DE ACCESO AOS MERCADOS EXTERIORES E PLANS DE ACTUACIÓN PARA CADA MERCADO E CANLE
Esta actividade, coa que colabora a Cidade de Cultura de Galicia, é gratuíta e aberta ata completar aforo.
Máis información e inscrición en info@clusterlibro.org
